“A galiña azul. Retrato dun narrador” – WORLD PREMIERE

A GALIÑA AZUL. RETRATO DUN NARRADOR
WORLD PREMIERE
18 de mayo, 12.00h
Auditorio Martín Códax – CSMVigo
Vigo

Acto Oficial das Letras Galegas do CSMVigo

“Terra Chá. Aproximación á estética de Manuel María” é unha obra colectiva escrita polo alumnado do primeiro curso de Taller de Composición, co profesor Juan Eiras, e baseada no imaxinario poético de Manuel María, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

A obra de carácter ecléctico explora diferentes linguaxes e técnicas compositivas tratadas na materia na que se imparte, pero sen esquecer o trasfondo artístico que subxace nunha obra de estrutura calidoscópica, vertebrada por unha selección de textos de Manuel María que son introducidos por unha voz andróxina, que quere simbolizar a universalidade e atemporalidade da obra do autor..

A interpretación corre a cargo do Ensemble da Aula de Música Actual©, conformado por alumnado de diferentes especialidades instrumentais, así como alumnado de Composición, baixo a dirección musical do profesor Javier Viceiro-Filgueira.

Entrada de balde.

INTÉRPRETES:
Javier Viceiro-Filgueira, director musical
Juan M. Eiras Tojo, profesor de Composición e coordinador artístico

Compositoras e compositores:
María Domínguez, Flavio Sedano, Julio Domínguez, Artur Silveiro, Carolina Borja e Rodrigo Cabaleiro.

Ensemble da Aula de Música Actual©:
Lucía Lugrís e Irene Parada (frautas), Juan José López, Juan Álvarez e Raúl Reyes (clarinetes), Diego Fernández (fagot), Raquel Fernández (violino), Sandra Pérez (viola), Tania Justo (piano), Fernando Vidal (percusión), Irene García e Ismael Amoedo (recitadores) e Alberto Rodríguez (proxección de vídeo).

Share:

Leave a Reply

© 2011-2020 by Juan Eiras. All rigths reserved.
Top