Resgistered in the 7th Martín Códax Music Awards in the category of Classical/Contemporary Music, with the project A nosa Carmela.
JUAN EIRAS: «A nosa Carmela»
A nosa Carmela (2019) é o resultado da invitación como compositor residente no IV Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo, 2020, Edición Nelson Freire, que a Asociación Música Clásica de Galicia tan xenerosamente me ten realizado. A obra será interpretada, coa dispensa do COVID-19, na categoría Andrés Gaos que premia á mellor interpretación dun compositor galego.
Esta comisión propuña o reto de empregar temas populares galegos para a súa elaboración, feito que lonxe de supoñer un contratempo encaixaba á perfección na concepción artística dunha obra destas características. Para tal fin, recorrín á canción popular Ven bailar, Carmiña. A obra está concibida como unha fantasía en esquema ternario, cun desenvolvemento mínimo, na que se entrecruzan dous universos compositivos: o mundo popular galego coa tradición culta da música occidental.
O Porriño, marzo de 2020
Juan Eiras